Rueda: "A Xunta non comprará Meirás porque o Franco estarían a gañar dúas veces"

Núñez Feijóo di que sería "franquista" expropiar o Pazo de Meirás

Pola súa banda, Rueda descarta que a Xunta compre o pazo porque "os Franco estarían a gañar dúas veces": cando quedaron a propiedade e cando se lles pague por ela
Alberto Núñez Feijóo
photo_camera Alberto Núñez Feijóo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, descartou iniciar un proceso de expropiación do Pazo de Meirás porque sería un "mecanismo franquista de incumprimento da lei", xa que a familia do ditador Francisco Franco está protexida polo "ordenamento xurídico". 

"Non imos utilizar mecanismos franquistas para conseguir un ben que o ordenamento xurídico actual protexe de acordo co seu titular rexistral", manifestou este domingo Feijóo nunha entrevista na Cadnea Ser na que teorizou con que existen "dúas vías" para recuperar a titularidade pública o pazo propiedade da familia Franco situado en Sada (A Coruña).

"Podemos expropiar ou podemos comprar. Eu creo que os galegos non estamos polo labor de pagar dúas veces o Pazo de Meirás. Pagámolo no ano 38 cando o doamos á familia e estou seguro de que no ano 2017 non estamos dispostos a volver comprar esa propiedade", indicou.

A continuación, o titular da Xunta remarcou que expropiar o inmoble á familia do ditador sería "un acto franquista de incumprimento da lei para recuperar un ben que a lei garante e protexe" en "beneficio" dos descendentes de Francisco Franco. "O importante dun Estado de dereito é cumprir as normas", apostilou.

Así as cousas, manifestou que "todo o que sexa unha transmisión a título gratuíto" de Meirás "ao patrimonio de Galicia será benvido" e, a continuación, abriu a porta a crear unha comisión de expertos -e non unha comisión parlamentaria como reclama o PSOE- para analizar as posibilidades que ten o Goberno galego para recuperar o ben, declarado de Interese Cultural.

As declaracións de Feijóo prodúcense na mesma fin de semana no que a familia Franco foi sancionada con 4,500 euros de multa por non cumprir co réxime de apertura ao público establecido para os BIC -mínimo de catro veces ao mes-. Así mesmo, a Consellería de Cultura abriu novas dilixencias logo do anuncio da Fundación Francisco Franco de cancelar as visitas ao Pazo de Meirás "por motivo de seguridade".

Comentarios