''A federación galega de surf promoverá a recollida de lixo nas praias''

Óscar García (Foto: R de R / AMA)
photo_camera Óscar García (Foto: R de R / AMA)

Óscar García, representa á iniciativa Coge3, que insta aos veciños a retirar plásticos dos espazos naturais

Cal é última boa nova para a iniciativa que vostede coordina, Coge 3?

Coge 3 é unha plataforma de acción cidadá de carácter voluntario que promove á acción de recoller residuos, especialmente plásticos, cada vez que imos a un areal ou espazo natural. Acabamos de saber que o presidente da Federación Galega de Surf, Juan José Rodríguez Hierro, vén de anunciar que dende mañá luns o colectivo será embaixador da iniciativa.

Que significará ese compromiso?

Desde a federación promoverán, entres os espectadores das probas do circuíto galego, que fagan o simple xesto de recoller tres residuos do areal onde se celebre o campionato e que os depositen na zona habilitada para iso. Ademais, tódolos competidores que desexen participar nas probas terán que facelo obrigatoriamente.

Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios