Fan un butrón para roubar nun estanco e non lles vale de nada ao saltar a alarma

Dous homes foron xulgados este xoves no Penal 2 como supostos autores de roubo con forza en grao de tentativa, polo que se enfrontan a once meses de prisión cada un.

A Fiscalía impútalles o intento de roubo nun estanco da rúa Menorca, ao que accederon logo de rebentar a fechadura do baixo de á beira e dedicar un considerable esforzo a realizar no muro un butrón de 60 centímetros de ancho por 40 de alto. No entanto, o traballo valeulles de pouco porque, unha vez dentro do estanco, saltaron as alarmas e tivéronse que dar á fuga. Un dos acusados declarou por videoconferencia desde o cárcere Madrid III.

Comentarios