Falece un home tras ser atropelado no lugar de Carballeda de Valdeorras

O suceso tivo lugar na estrada que vai de Sobradelo a Casaio, á a altura de Trigal

Un home de avanzada idade faleceu este xoves logo de ser atropelado na localidade ourensá de Carballeda de Valdeorras.

O suceso ocorreu ao fío das 19:00 horas da tarde, á altura do Trigal, na estrada que vai de Sobradelo a Casaio. Foi a esa hora cando un particular informaba ao CAE 112 Galicia do atropelo.

A partir de aí, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Médicas, da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos do GES da localidade. Os Bombeiros de Valdeorras tamén foron informados o suceso.

Comentarios