Falece cando conducía un tractor en Salcedo

Sufriu este episodio cando circulaba pola estrada de Rubial, sobre a ponte que cruza a AP-9

O condutor dun tractor que circulaba por Salcedo faleceu ao volante tras sufrir unha indisposición.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 20.40 horas da tarde do martes.

O home regresaba a casa no seu tractor pola estrada de Rubial, á altura da ponte sobre a AP-9 cando sufriu este episodio.

O 112 Galicia avisou aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Pontevedra e a Protección Civil.

Os servizos de urxencias desprazados ao lugar certificaron que a indisposición foi a causa do falecemento do condutor do tractor.

Comentarios