Falece Marcelino Zapico, que foi catedrático de Filosofía no instituto

O excatedrático de Filosofía do instituto ribadense, Marcelino Zapico Fernández, faleceu na madrugada do luns na súa casa de Ribadeo aos 84 de idade. Marcelino Zapico foi unha persoa vinculada desde sempre a Ribadeo e de feito estaba casado coa ribadense Gloria ‘Yoya' Mouro. Será enterrado hoxe ás catro e media da tarde.

Marcelino Zapico naceu en Sotrondio, en Asturias, e estudou Filosofía durante a súa formación como sacerdote xesuíta, do que chegou a exercer. Foi profesor na antiga Academia de Ribadeo desta orde situada onde hoxe se atopa a Casa de Cultura e de alí pasou ao Instituto Laboral, aínda que logo gañou a súa praza por oposición na localidade andaluza de Úbeda. De alí pasou a Colloto, en Asturias, e despois regresou a Ribadeo xa a principios dos anos 80.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios