Falece Fontela, ex de Deportivo e Racing de Ferrol, aos 98 anos

Xogou sete tempadas no equipo da súa cidade e debutou en Primeira co conxunto herculino
Juan Fontela
photo_camera Juan Fontela

O exdeportivista Juan Fontela Leal, futbolista do Deportivo na tempada 1948-1949, faleceu aos 98 anos de idade, segundo confirmou o conxunto galego na súa web.

Fontela, que naceu o 22 de xullo de 1919 en Ferrol, disputou sete campañas na categoría de prata do fútbol nacional co equipo da súa cidade, o Racing.

Na tempada 1948-1949, o defensa ferrolán recibiu a chamada do Deportivo, co que se estreou en Primeira División, na que xogou 11 partidos (9 de Liga e 2 de Copa) coa camiseta branquiazul. O Deportivo mostrou o seu máis sentido e sincero pésame a familiares, amigos e excompañeiros do seu exfutbolista.

Comentarios