Falece unha muller en Salvaterra de Miño ao caerlle un portal enriba

Os servizos de urxencia intentaron reanimala durante uns 50 minutos sen éxito

Unha muller de 83 anos faleceu este sábado polas feridas sufridas ao caerlle encima o portal da súa vivenda, situada no lugar de Devesa, en Salvaterra de Miño.

Segundo explicaron fontes do servizo de Urxencias Sanitarias 061, o suceso tivo lugar sobre as 12,00 horas e ao momento desprazáronse os bombeiros, as forzas de seguridade e a ambulancia.

O persoal sanitario intentou reanimar á muller, que se atopaba en parada cardiorrespiratoria, durante uns 50 minutos pero non puido lograr salvar a súa vida.

Fontes municipais explicaron que está previsto que a muller sexa enterrada o vindeiro martes, día 7 de novembro, no municipio.

Comentarios