Extinguido un incendio preto das Medulas

Foto del incendio, colgada en su cuenta por <a href='https://twitter.com/RINCONBERCIANOS'>Quinito</a>
photo_camera Foto del incendio, colgada en su cuenta por Quinito

A Xunta de Castela e León deu por extinguido o incendio que se orixinou na tarde do luns en Carucedo e que obrigou a cortar o tráfico na estrada de Orellán co obxectivo de evitar que o forte vento propagase as chamas cara á paraxe das Medulas.

Segundo informa El Bierzo Digital, resultaron calcinadas 20,8 hectáreas de carballo, aciñeira e castaños.

O lume quedou controlado ao redor da medianoite do luns, pero a Xunta non o deu por extinguido ata a tarde deste martes, tras mobilizar a seis helicópteros e tres brigadas. A súa orixe foi un soto de castiñeiros, algúns deles centenarios, situado en Carucedo.

Comentarios