Extinguido un lume e controlado outro na provincia de Ourense

A Consellería de Medio Rural deu por extinguido un lume no municipio ourensán de Castrelo do Val e controlado o que se rexistrou no da Mezquita, na mesma provincia.

Segundo as primeiras estimacións, o primeiro iniciouse o luns ás 12,36 horas, afectou a 45,4 hectáreas de monte raso, e nel traballaron 4 axentes forestais, 12 brigadas, 4 motobombas, 3 helicópteros e 3 avións.

O da Mezquita rexistrouse nas parroquias de Pereiro-Vilavella ás 13:45 horas tamén do luns, queimou máis de 80 hectáreas e loitaron contra el 5 axentes forestais, 11 brigadas, 7 motobombas, 6 helicópteros e 10 avións.

Comentarios