Extinguido o gran incendio de Verín e controlado outro lume en Vilariño de Conso

As chamas consumiron máis de 1.370 hectáreas desde o xoves no maior lume do verán de Galicia
Pánico en Verín por las llamas
photo_camera Pánico en Verín por las llamas

O gran incendio forestal que afectou os municipios de Verín e Vilardevós foi extinguido tras arrasar 1.372 hectáreas, das que 907 son de arboledo e 465 de monte raso.

O lume, que quedou extinguido na tarde do luns, comezou ás 16.30 horas do xoves na parroquia de Vilamaior, e en tan só unhas sete horas alcanzou xa o milleiro de hectáreas calcinadas.

Este é o maior incendio no que vai de ano en Galicia e na súa extinción traballaron 16 helicópteros, nove avións, 74 motobombas, 121 brigadas, 65 axentes e seis técnicos, entre outros medios. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Urxencias (Ume).

Pola súa banda, tamén quedou extinguido o lume de Laza, que queimou 77,8 hectáreas de Rede Natura –75 de monte raso e 2,8 de árbores–. Comezou na parroquia de Camba ás 20,51 horas do sábado.

Así mesmo, está controlado desde as 7.45 horas deste martes un incendio no municipio ourensán de Vilariño de Conso que levadas queimadas 25 hectáreas de monte raso, que se iniciou ás 21,51 horas do luns na parroquia de Mormentelos. Traballan seis motobombas, 12 brigadas, tres axentes e unha pa.

Comentarios