Extinguido o lume da Mezquita tras calcinar 36 hectáreas

A Consellería de Medio Rural deu por extinguido un incendio forestal rexistrado na parroquia de Pereiro, na Mezquita (Ourense), que calcinou, segundo as estimacións provisionais, 36 hectáreas de monte raso.

O incendio comezou onte pola tarde e os equipos da Xunta dérono por extinguido pasadas as 22 horas.

Nos traballos de extinción traballaron tres axentes forestais, oito brigadas, dúas patrullas de vixilancia, tres motobombas e sete helicópteros.

Comentarios