Exteriores activa o protocolo de urxencias consulares

O Ministerio de Asuntos Exteriores activou o protocolo de urxencias consulares ante o atentado no Parlamento de Tunisia, no que polo menos 21 persoas morreron–polo menos unas delas é española.

Fontes diplomáticas informaron a Efe de que se activou ese protocolo de urxencia consular e que a Embaixada nese país está a traballar neste asunto.

Polo menos oito persoas, un tunisiano e sete turistas estranxeiros, morreron hoxe e outras catorce resultaron feridas nun intento de asalto ao Parlamento de Tunisia por presuntos terroristas que se atrincheiraron con varios reféns no próximo museo do Bardo, informou o ministerio de Interior.

Polo menos 21 persoas morreron e 14 resultaron feridas este mércores nun asalto ao Parlamento de Tunisia, segundo informan medios locais. Os falecidos son unha cidadá tunisiana que traballaba como empregada da limpeza do lugar, un membro das forzas de seguridade do país, dous dos terroristas que perpetraron o ataque e 17 turistas estranxeiros de nacionalidades italiana, española, surafricana, xaponesa, alemá e polaca, segundo informou o primeiro ministro de Tunisia, Habid Essid.

Comentarios