Expertos en urbanismo analizan en Baralla a norma de ordenación do territorio

As xornadas sobre sustentabilidade que organiza a Consellería de Medio Ambiente en Baralla centraranse na normativa de ordenación do territorio e ordenación urbanística. O alcalde, Manuel González Capón, considera que as charlas, que comezaron onte e prolongaranse ata o sábado, serán útiles para que os veciños entendan o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que o Concello está a tramitar.

O responsable de impartir as charlas será precisamente un dos integrantes do equipo que redactou o PXOM.

O alcalde explica que as xornadas están abertas ao público en xeral, pero foron convocados colectivos que poderían estar interesados, como os construtores ou asociacións de veciños. Serán a partir das 19.00 horas hoxe e mañá, e o sábado, de 9.00 a 14.00 horas. Cada día abordaranse temas diferentes.

Comentarios