Excarcerado un home nun choque espectacular nunha rotonda pontesa

Los vehículos quedaron sobre la rotonda tras el accidente. (M.MANCEBO)
photo_camera Los vehículos quedaron sobre la rotonda tras el accidente. (M.MANCEBO)

Un xermadés de mediana idade resultou ferido grave onte pola tarde nunha aparatosa colisión entre dous coches nunha rotonda xunto á central térmica das Pontes. Tralo accidente, tivo que ser excarcerado polos bombeiros do parque do Eume.

O ferido conducía un Renault Laguna, no que tamén viaxaba a súa muller, ferida leve, cando chocou con outro turismo, un Kia cuxo condutor resultou ileso, que se incorporaba á vía pola que ía. Ambos os coches quedaron encima da glorieta.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios