Évole recoñece recibir ameazas polo 1-O

"Amólanme o día", di, engadindo que son só "catro exaltados"

Jordi Évole, en El Hormiguero, recoñeceu que por mor da súa postura de cara ao 1-O recibe "ameazas" que lle "amolan" o día. "Eu prefiro atribuír as ameazas cara a min a grupos minoritarios, a catro exaltados", confesoulle a Pablo Motos. "Ata hoxe saio por Barcelona e excepto en contadísimas ocasións que atopas un bobo, de ambos os lados...", comentou, recoñecendo que lle resulta desagradable que chamen aos seus pais para preguntarlles que pasa.

Évole, que insistiu en "quitarlle importancia" a estes pequenos incidentes, asegurou que cre que este proceso "vai para longo" en Cataluña: "Dubido moito que isto se acabe o día 1".

Comentarios