Evacuado a Celeiro un matrimonio francés que quedou á deriva no seu barco

Un matrimonio francés que navegaba a 26 millas da costa activou a radiobaliza pasadas as 15.30 horas deste mércores, á altura do municipio de Mañón (A Coruña). Ao parecer, viaxaban á deriva despois de que se rompeu a vela da súa embarcación, polo que pediron axuda a Salvamento Marítimo.

Desde Fisterra foi coordinado un operativo que levou ao lugar á embarcación Salvamar e ao helicóptero Pesca 2.

Os dous tripulantes foron evacuados do veleiro e trasladados a terra. En concreto, ao porto de Celeiro (Lugo), onde foron recollidos por persoal de Protección Civil de Viveiro para trasladalos á Casa do Mar, onde está previsto albergar aos franceses.

Segundo informou Salvamento Marítimo a AGN, a tripulación foi rescatada en perfecto estado e nestes momentos unha embarcación intenta remolcar ao veleiro cara a un porto.

Comentarios