Evacuado en helicóptero ao atragantarse na Lama

Os feitos ocorreron ás 15:20 horas na parroquia de Xeste

Unha persoa tivo que ser evacuada no helicóptero medicalizado con base en Santiago ao hospital de Pontevedra despois de atragantarse na Lama. Os feitos ocorreron na parroquia de Xeste.

O 112 Galicia recibía a alerta do ocorrido a través dun particular ás 15:20 horas deste martes. Nese momento, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasaba o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil e á Policía Local de Pontevedra.

Comentarios