Eulogio López Río pregoa a XXVIII Feira do Queixo do Cebreiro

Pedrafita acollerá hoxe a XXVIII Feira do Queixo do Cebreiro, que terá como pregoeiro a Eulogio López Río, xerente da Asociación de Pais e Persoas con Parálise Cerebral (Aspace).

O recinto feiral abrirá ás 9.30 horas e a partir das 11.00 haberá animación musical a cargo da charanga Madialeva, de Sarria.

A lectura do pregón está prevista para o mediodía e a partir das 12.30 horas haberá unha actuación de baile tradicional a cargo da agrupación local Xistra.

No recinto feiral estarán presentes todos os queseros que producen dentro da denominación de orixe do Cebreiro. A feira completarase con outro tipo de queixos, doutras partes da xeografía galega e de elaboración tradicional, ademais doutros produtos da zona.

Comentarios