''A estratexia non se adestra''

Seoane trata de frenar el avance de Luisinho en Riazor (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Seoane trata de frenar el avance de Luisinho en Riazor (Foto: Pepe Tejero)

O centrocampista do Lugo Fernando Seoane admitiu onte que o seu equipo perdeu algúns puntos esta tempada debido a erros puntuais, como as xogadas a balón parado, unha disciplina que non é «adestrable», segundo indicou o amiense.

«Estes malos resultados afectan á confianza aínda que xogues ben. Debemos mellorar os pequenos detalles que fixeron que se nos escapasen os puntos, como o caso da estratexia. Estas accións son totalmente evitables pero non son adestrables. Son responsabilidade de cada un. Aí temos que apertar todos porque se pode facer un pouco mellor», considerou Seoane.

SANCIÓN
Competición confirma o castigo a Lolo Pavón

O comité de competición da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) confirmou onte o partido de sanción para o central do Lugo Lolo Pavón por acumulación de amoestacións, polo que non poderá xogar o sábado en Mendizorroza. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios