Axudando en silencio

logo REVISTA
SÁBADO 7 DE SETEMBRO DE 2013
REPOR. Heroes anónimos

Heroes desde o anonimato


Móvelles a vocación de axudar e fano en silencio, sen esperar recoñecemento. Son heroes anónimos, como os do accidente de Angrois. A eles achégase este sábado o suplemento semanal a REVISTA, que recolle o testemuño de persoas como Viki Alejo (na foto), quen viviu á beira de moitas familias desfavorecidas de Nicaragua, ou Nieves Neira, quen estivo na India. Pero tamén falan quen traballan desde Lugo, como Ruth Fernández e Manuel Veiga, Manuel Fernández (na foto de portada) ou sor Trini, Paula Castro e Pablo Vilar..

 
ENTREVISTA. Sandra Barneda

ENTREVISTA
Sandra Barneda: "Os políticos están faltos de valentía e honestidade"
A xornalista que supliu no verán a Ana Rosa en Telecinco fala do seu libro e da actualidade.

Paco Rivera + Rosendo Ivorra

CEA E COPA CON...
Rosendo Ivorra: "A banda ten a metade de músicos dos que necesita"
O responsable da banda de Lugo bota en falta máis músicos, aínda que confía na escola municipal.

MASCOTAS. Tofe

ANIMAIS
Tofe, á espera dun dono
Tofe é un can mestizo de dez anos, que leva días nunha clínica de Lugo, á espera de alguén que o adopte. Ademais, estreamos un dicionario veterinario.

Moda

CON ESTILO
Continuidade azul
O outono chega con moda de corte sport, para ela, e en cores mariñeiras, para el, nunhas páxinas que tamén inclúen un escaparate para a volta ao cole máis colorista.

 
MÚSICA
Cine e música con Tarantino
AMOR E SEXO
As palabras lévallas o vento
BELEZA
Presumir de pel dourada todo o outono
 
PÍCAROS. CPI Dr. López Suárez (Friol)

Logo PÍCAROSCPI DOUTOR LÓPEZ SUÁREZ. Friol
Infantil

Comentarios