''Esperei tres días ata atopar o momento oportuno''

Manuel Vázquez González, ‘Elfarero', unha fotografía súa das Catedrais ilustra os cartóns de La Caixa

¿Cal foi o encargo que lle realizaron?

Buscaban a unha persoa para colaborar con La Caixa coa cesión dunha fotografía das Catedrais, xa que necesitaban un motivo ribadense para ilustrar os seus cartóns de crédito. Aí é cando se puxeron en contacto comigo dada a miña condición de fotógrafo.

¿E dispuña vostede xa desa imaxe?

Teño moitas da praia das Catedrais en arquivo, pero facía falta unha específica para o cartón. De feito levoume tres días poder realizar a fotografía no momento preciso. ía ao areal desde as seis ata as oito da mañá co obxectivo de coller un bo momento, coa luz xusta e con pouca xente. O terceiro día foi cando conseguín a captura. Realmente non é sinxelo conseguir unha imaxe concreta cando dependes da xente que hai nese momento, xa que cada vez hai máis visitantes no areal.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios