Entre recortes sociais e obras desmesuradas

NON SOE saír Burgos nos telediarios a non ser polas baixas temperaturas invernais. Pero desta volta converteuse en centro informativo ao xuntarse un cóctel explosivo de crise, recorte social, construción dubidosa e política que rebentou. Foi na cidade castelá, pero puido ter ocorrido en calquera outro lugar do país. Antes de que estourara a burbulla inmobiliaria debido ao bloqueo financeiro apenas se cuestionaba unha obra pública, aplaudíase o progreso aínda que fose desmesurado e festexábanse os pelotazos, pero agora que a clase media e baixa sofre con crueza o embate dos axustes polemiza ás veces sobre as inversións institucionais para reclamar máis cobertura social en detrimento das infraestruturas. Excesos á parte como algún vivido en Burgos, ese é o debate, con dúas posturas enfrontadas: repartir o que hai ou que se beneficien uns poucos en detrimento de todos os demais.

Comentarios