Entre 30.000 e 50.000 millóns de dólares en dános

As estimacións sobre os danos económicos do furacán Sandy en EE.UU. seguen á alza e sitúanse agora entre os 30.000 e 50.000 millóns de dólares, mentres continúan os labores de limpeza e os estados máis afectados de Nova York e Nova Xersei loitan por volver á normalidade.

Os datos corresponden aos cálculos realizados pola firma de avaliación de custos IHS Global Insight nun informe divulgado hoxe que os sitúan moi por encima das estimacións iniciais.

Como principais factores, os economistas da compañía sitúan "a parálise da actividade económica e os danos causados en propiedades aseguradas e non aseguradas".

O diario The Wall Street Journal calcula que as aseguradoras terán que asumir un gasto de 20.000 millóns de dólares.

A iso, tamén habería que engadir as perdas xeradas pola retardación de case o 70% das refinerías da costa este de EE UU e o peche comercial na rexión durante dous días.

Comentarios