Entre 20 e 25 municipios devolveron en abril as facturas de Sogama

O pasado mes de abril, entre "20 e 25" concellos, do case centenar que se opón á subida do 34 cento do canon do lixo por Sogama, devolveron a factura do mes pasado "na súa totalidade".

Así o manifestou este venres o alcalde de Monforte (Lugo), o nacionalista Severino Rodríguez, que asegurou, ademais, que "hai outros concellos que querendo devolver a factura, non o fixeron, e outros que, a pesar de pagar tamén, presentaron un recurso contra a subida".

O rexedor monfortino, que foi unha das primeiras voces en contra da subida, afirmou que seguirán coas súas reivindicacións e apelou a que en realidade se lles está cargando un incremento excesivo". "E non imos aceptar que, para beneficiar ás grandes industrias e ás grandes hidroeléctricas, teñamos que asumir ese custo", abundou.

"Sabemos que temos razón e por iso loitamos contra esta inxustiza", sostivo, para insistir en que non van desistir nas súas reivindicacións. "Non imos deixar de pelexar", avisou.

Respecto diso, anunciou que "unha" vez que lles conteste Sogama posiblemente o seguinte paso sexa presentar un recurso de inconstitucionalidade e, a partir de aí, que a xustiza resolva".

Comentarios