Atopan san e salvo o lancarés que estaba desaparecido

O veciño de Láncara que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do pasado xoves foi localizado san e salvo na madrugada de onte nuns silos pertencentes a unha explotación do lugar de Rubín, no concello de Sarria, a pouca distancia do lugar da desaparición.

Tras doce horas de procura, os axentes que participaban no rastrexo atoparon a Manuel T.D., de 65 anos de idade e veciño de Casa da Torre da parroquia de Toubille, refuxiado entre a herba e algo desorientado.

De inmediato solicitouse a presenza dunha ambulancia que trasladou ao home ao Hula para ser sometido a unha revisión e recibir asistencia médica.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios