''En Sarria levamos unha lebre e unha gaita para O Cordobés''

Mateo Robles Pérez (Foto: Porto)
photo_camera Mateo Robles Pérez (Foto: Porto)

MATEO ROBLES é sarriao de adopción e vive na capitalidade municipal, a onde chegou desde un pobo de Salamanca, Villanueva del Conde, no 1949. Durante este tempo rexentou un establecemento, tivo a concesión de gas butano e mesmo organizou as festas de San Xoán durante tres anos.

Na súa localidade natal traballaba en Feculera, polo que viaxaba por toda España comprando patacas, incluído Sarria ou Monforte. A súa chegada á vila non foi con moi bo pé. «Saín de Salamanca con sol e cheguei a Sarria en setembro chovendo. Ata Nadal non parou», rememora. Marchou da vila, aínda que pouco despois voltou e quedou para sempre na localidade, onde casou e pasou a dirixir o seu propio negocio.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios