En Amandi xa se bebe viño novo

Ramón Fernández sirve vino a su mujer, María del Carmen, en la bodega. (Foto: Toño Parga)
photo_camera Ramón Fernández sirve vino a su mujer, María del Carmen, en la bodega. (Foto: Toño Parga)

A vendima está aberta oficialmente desde hoxe na Ribeira Sacra, xornada que fixou o consello regulador o mes pasado segundo os niveis de maduración de entón e en consonancia cos avances que se rexistraban día a día. Con todo, poucos contaban con que desde a semana pasada as choivas fosen constantes e por iso antes de empezar a campaña seis adegas xa pecharon as súas portas e 27 téñenas abertas desde hai uns días. Quedan polo tanto 64 pendentes de empezar a recollida de uva, pois en total son 97 os lagares amparados pola denominación.

Uns están a piques de acabar a vendima, outros se preparan para iniciala arreo este fin de semana e uns poucos, a estas alturas seis, incluso xa cataron o viño novo, como ocorre na adega Viña Frieira, de Vilachá de Doade, en pleno corazón da subzona de Amandi, unha das áreas máis emblemáticas da Ribeira Sacra.

JOSÉ M. RODRÍGUEZ
«Tanta choiva pode dar paso a fungos»

O presidente do Consello Regulador de Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez afirma que os adegueiros e vinicultores apuran as tarefas de recollida porque «tanta choiva pon en perigo as uvas e máis ao haber temperaturas elevadas. Nestas condicións é fácil que aparezan fungos ao abrirse o froito. Este fin de semana se vendimiará arreo», augura. Tanto José Manuel como Manuel Gómez, da adega Val de Quiroga, non recordan unha vendima con tanta choiva. Gómez apunta «que algún día sempre chove, pero para falar de tantos e con tal intensidade, talvez haxa que remontarse a principios da década dos 90, ao redor de 1993, se mal non recordo». 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios