''En 4 anos lográronse cousas, pero nos tiñan abandonados''

María Elisa López Alvariño (Foto. José Mª Álvez)
photo_camera María Elisa López Alvariño (Foto. José Mª Álvez)

María Elisa López Alvariño, nueva presidenta da asociación de veciños de Valdeflores, en Xunqueira

¿Como decidiu formar parte do colectivo veciñal?

Levo catro anos. Ata agora estaba de tesoureira, aínda que xa facía todas as xestións. O presidente foise por motivos persoais e decidín presentarme se estaban de acordo.

¿É difícil levar unha asociación deste tipo?

Non, a xente colabora, pero hai que dedicarlle tempo. Para os que traballan é máis difícil, pero eu estou libre. Os socios deciden e ao final o que ten máis tempo é o que fai os trámites.

¿Logran cousas?

Arranxouse o casco antigo de Valdeflores e facemos actividades de manualidades e de memoria. Ademais, os nenos van a bailes de salón. No campo da festa queremos facer partidos de fútbol-7 para implicar aos mozos. Tamén faremos unha excursión a Oviedo.

¿Teñen aínda moitas necesidades?

Quedan moitas cousas por facer, pero o urxente é acabar o acceso da entrada a Viveiro. A contorna de Valdeflores segue como unha selva. Manter un barrio require unha atención constante. Estamos contentos, porque en catro anos lográronse cousas. Tíñannos moi abandonados.

Comentarios