A volta á terra para cultivar un futuro

Apostaron polo rural como medio de vida e a través da agricultura iniciaron diferentes proxectos económicos

A aposta pola volta ao rural como opción laboral, a búsqueda dunha economía produtiva baseada na terra,  aproveitamento dos recursos propios ou a concienciación sobre a necesidade de cambiar os modelos de consumo son algunhas das motivacións que impulsaron nos últimos tempos a algúns mozos, e outros non tan novos, a centrarse na agricultura como medio de vida.

Eles apostaron por recuperar o cultivo da terra como actividade económica, con variedades diferentes, que van dende a pataca tradicional ata os arandos, pasando polas diferentes froitas e todo tipo de hortalizas, co selo de ecolóxico ou sen el, para abrise un camiño e ter o seu propio negocio. O obxectivo: cultivar a terra ao mesmo tempo que o seu futuro.

Comentarios