Emprendedoras no campo

Dúas mozas irmás de Paradela, Mónica e Esther Pérez Vázquez, participaron este mes en Italia nun cume para incentivar o autoemprego organizado pola Unión Europea. As paradelenses participaron nel cun proxecto sobre a recuperación do medio rural en Galicia, que tamén darán a coñecer en abril no Parlamento europeo.

O seu estudo pretende recuperar o medio rural reestruturando o terreo para criar tenreira loura galega e comercializar a súa carne. «Nós vivimos nunha aldea, Moutrás, e vemos que as terras están abandonadas e ninguén dedícase á agricultura. Recuperando as terras evitaríanse lumes, pragas... O noso traballo é unha alternativa a esta situación e é tamén unha crítica ás políticas agrarias», explican as irmás.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios