A embaixada pide aos españois que non salgan das súas casas e hoteis

Rajoy segue a evolución do intento de golpe de estado en contacto con Exteriores

A embaixada de España en Turquía  pediu este venres pola noite a todos os españois que se atopen no país que permanezan nas súas casas e hoteis ante o intento de golpe de estado. Esta petición foi realizada pola embaixada na súa conta de Twitter e fíxose eco dela tamén nesta rede social o Ministerio de Asuntos Exteriores.

"Intento de golpe de estado en Turquía. Rógase a todos os españois que se atopen en Turquía que permanezan nas súas casas e hoteis", reza esa mensaxe. Nun comunicado, o Exército turco asegurou que se fixo co poder en todo o país. 

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, está a seguir con detalle a evolución dos acontecementos ante o intento de golpe de estado e en permanente contacto cos responsables do Ministerio de Asuntos Exteriores.

Comentarios