O viño artesanal de Quiroga mantén o seu tirón entre o público

Pueblo de Xegunde, en la parroquia de Vilabol de Suarna.
photo_camera Pueblo de Xegunde, en la parroquia de Vilabol de Suarna.

No municipio de Quiroga continúan facendo o viño como antes, que, en palabras do alcalde, Julio Álvarez Núñez, non consiste noutra cousa que en elaboralo «artesalmente, mantendo a tradición secular». Este método parece non irlle mal aos organizadores da Feira do Viño, pois o evento chegou á súa trixésima edición cun éxito total de público tanto na tarde do sábado como durante toda a xornada de onte.

Centos de persoas das comarcas de Quiroga, Lemos e Valdeorras (Ourense), así como moitas outras chegadas desde diferentes puntos da xeografía galega, ateigaron a vía principal da vila onde se montou o feiral, a Rúa Real.

Un dos actos máis emotivos tivo que ver co recoñecemento aos nove adegueiros do municipio que continúan elaborando ese viño que ao alcalde gusta de cualificar de «artesanal», xa que non está amparado pola denominación de orixe Ribeira Sacra. Moitos entendidos que o proban estráñanse de que quen o producen non queiran acollerse a esta marca de calidade, pois consideran que polas súas condicións poderían.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios