O Tottenham inglés cárgase a Juande Ramos

Imagen de archivo de Juande Ramos durante un partido de la UEFA ante el PSV Eindhoven. (EFE)
photo_camera Imagen de archivo de Juande Ramos durante un partido de la UEFA ante el PSV Eindhoven. (EFE)

"Os resultados son os que mandan no fútbol". Así explicou Juande Ramos o seu despedimento como adestrador do club inglés Tottenham Horspur.

A madrugada deste domingo coñecíase a destitución fulminante do español, que o vindeiro luns cumpría o seu primeiro aniversario á fronte do primeiro equipo.

Ademais de Ramos tamén foron despedidos Damien Comolli, director deportivo, así como os axudantes do adestrador Marcos Álvarez e Gus Poyet. Mediante un comunicado de prensa, o club informou do nomeamento de Harry Redknapp, ata agora á fronte do Portsmouth, como o seu novo adestrador.

Bos desexos
Juande Ramos recibiu a noticia da súa destitución horas antes da partida fronte ao Bolton. "Os resultados son os que mandan e todos sabemos como funciona este mundo", sinalou o técnico, á vez que lle desexou "unha boa tempada" ao club que ata agora dirixía, e que atravesa o peor momento da súa historia.

Juande Ramos iniciou a súa vinculación co Tottenham o 27 de outubro do 2007, e con só catro meses na Premier conquistou a Carling Cup, sendo o primeiro técnico español en disputar unha final no mítico estadio de Wembley.

Coa consecución da Copa, Juande conseguiu tamén a clasificación dos Spurs para disputar a presente edición da Copa da UEFA.

Comentarios