O temporal Petra abandona a comarca sen incidentes graves

Árbol caído en Sacido, en Viveiro (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Árbol caído en Sacido, en Viveiro (Foto: José Mª Álvez)

O temporal Petra abandonou a comarca sen apenas deixar incidencias reseñables. Esta ciclogénesis explosiva aterrou na Mariña ao redor das 00.00 horas de onte e sobre as 20.00 xa a deixou atrás. Neste tempo a incidencia máis reseñable e numerosa foi a caída de numerosas árbores, aínda que por fortuna non houbo que lamentar feridos nin danos materiais.

A pesar de que Petra non causou incidencias, si se deixou notar e moito a súa presenza, sobre todo entre a 1.00 e as 3.00 horas de onte, momento no que se mostrou con maior forza. Foron os concellos costeiros os que máis sufriron o seu efecto, sobre todo Burela, onde se chegaron a alcanzar ventos de 123 quilómetros por hora. Ademais, nesta localidade ata en tres ocasións chegáronse a rexistrar refachos que superaron os 120 quilómetros hora, mentres en Ribadeo a máxima foi de 90 e en Viveiro de 60. No interior non afectou tanto, pero tamén se viron picos improtantes en Lourenzá, que rexistrou ventos de 80 quilómetros hora, unha cifra moi superior aos 50 de Mondoñedo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios