sábado. 06.03.2021 |
El tiempo
sábado. 06.03.2021
El tiempo

O selado das pedras do mosteiro de Lourenzá é clave para a súa pervivencia

Uno de los técnicos observa el estado de la fachada (Foto: J. Álvez)
Uno de los técnicos observa el estado de la fachada (Foto: J. Álvez)

A falta do informe oficial dos técnicos e tras a visita que onte realizaron os arquitectos de Patrimonio que se desprazaron a Lourenzá o que parece claro é a necesidade dunha limpeza e un selado das pedras da fachada do mosteiro de San Salvador na súa parte máis alta, co fin de evitar que avance a súa deterioración e garantir a pervivencia dun conxunto histórico artístico de gran valor. «As pedras da parte de arriba poden provocar un problema a medio prazo, porque o que vimos é que están bastante deterioradas», aseverou o alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez-Sierra, que estivo presente na inspección realizada polos técnicos, así como representantes do Obispado, propietario do inmoble.

De feito, o Concello cedeu un guindastre, que permitiu que un dos expertos puidese acceder ata unha altura duns catorce metros, completando unha inspección que tamén se realizou pola parte interior, polas complicadas escaleiras que dan acceso á torre do reloxo. Prismáticos e cámaras dixitais serviron aos arquitectos para deixar constancia do estado da fachada, documentos que servirán de base para completar un exhaustivo informe, para o que é probable que se requiran máis visitas con máis medios técnicos.

Consiga AQUÍ a información completa

O selado das pedras do mosteiro de Lourenzá é clave para a súa...
comentarios