O San Simón, un manxar de alta cociña

ELP0604P22F1.JPG
photo_camera ELP0604P22F1.JPG

O queixo de San Simón da Costa conta desde onte con dous novos embaixadores, nomeados de xeito oficial e espontáneo polo alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, no acto central da inauguración da vixésima festa dedicada a este emblemático produto vilalbés, que continúa hoxe.

Os dous exconcursantes e finalistas do exitoso concurso gastronómico MasterChef Eva Millán e Fabián León foron os pregoeiros e a gran atracción deste ano, xerando unha gran expectación, sobre todo entre os máis pequenos. Os dous cociñeiros encomiaron de tal xeito as excelencias do queixo vilalbés que non houbo dúbidas de que podían ser uns grandes embaixadores do mesmo, tal e como apuntaron eles nas súas intervencións.

Eva Millán iniciou o seu pregón destacando a «maxia» que ten a elaboración do queixo de San Simón

Taller infantil. Uns 200 pequenos chefs

Os pregoeiros deste ano realizaron un taller culinario infantil no que participaron ao redor de 200 nenos. Eva e Fabián ensináronlles a facer unha brocheta con queixo de San Simón e fresa, para acompañar cunha mestura de cereais, iogur e marmelada.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios