O Rei obterá a alta en 3 ou 4 días e levará muletas

O Rei será dado de alta "en tres ou catro días" no Hospital USP San José de Madrid tras ser intervido esta mañá para implantarlle unha prótese de xeonllo, levará muletas durante dúas ou tres semanas e tardará un mes ou mes e medio en recuperar a súa actividade física habitual.

Así o explicou, nunha comparecencia informativa, o doutor Ángel Villamor, director da Unidade de Traumatoloxía e Recuperación Avanzada deste hospital e responsable da cirurxía coa que se implantou a Don Juan Carlos unha prótese de titanio para substituír a articulación deteriorada do seu xeonllo dereito.

Segundo precisou Villamor, o xefe do Estado abandonará "esta noite ou mañá" a área de observación para trasladarse a unha habitación do centro hospitalario, onde poderá empezar mañá mesmo a apoiar por completo o pé dereito no chan e camiñar.

Sobre se completará a rehabilitación en Madrid ou en Barcelona unha vez reciba a alta médica no Hospital USP San José, o xefe do Servizo Médico da casa do Rei, Avelino Barros, sinalou que non podía confirmar "onde", aínda que o tratamento "sería a nivel domiciliario".

Comentarios