O punto limpo e a Rúa do Mercado, sen indicio de acordo no pleno

Manifestantes en la puerta del consistorio durante el pleno (Foto: C. Pérez)
photo_camera Manifestantes en la puerta del consistorio durante el pleno (Foto: C. Pérez)

Dúas mocións presentadas polo BNG, sobre a localización do punto limpo de Guitiriz e a apertura ao tráfico da Rúa do Mercado, centraron un infrutuoso debate entre o goberno local e a oposición na sesión plenaria celebrada onte no consistorio de Guitiriz. De fondo, as protestas dos manifestantes a favor da conservación da vía como peonil, unha vez que se limitou a entrada ao salón de plenos para non exceder o aforamento.

Sobre o punto limpo, o alcalde, Xosé María Teixido, tras manter un encontro con representantes da Xunta de Galicia, foi claro: ou se fai alí -no desvío cara ao pantano da estrada dos Vilares- ou non se fai, o que suporía perder un investimento de 300.000 euros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios