O PSOE recorrerá ante o Constitucional a lei antidesafiuzamentos

O PSOE decidiu presentar un recurso no Tribunal Constitucional (TC) contra a "lei antidesahucios" atendendo a petición da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).

Segundo explicaron fontes parlamentarias socialistas, os servizos xurídicos do grupo estudaron os argumentos legais elaborados pola plataforma e acordaron presentar o recurso antes do 16 de agosto, cando conclúe o prazo fixado pola lei.

A Plataforma de Afectados pola Hipoteca vai dar a coñecer esta mañá na porta da sede do Tribunal Constitucional as seis causas de inconstitucionalidade que aprecian na lei de protección dos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social, que entrou en vigor o pasado 16 de maio.

Para a plataforma, a lei "non só non soluciona o problema que está a causar un sufrimento intolerable a centenares de miles de familias e perpetuando a violación sistemática de dereitos humanos, senón que ademais incumpre principios constitucionais".

Comentarios