O PSOE pide unha reunión ''urxente'' para tratar sobre o déficit da residencia

Residencia de mayores Nosa Señora do Carme de Sarria (Foto: AEP)
photo_camera Residencia de mayores Nosa Señora do Carme de Sarria (Foto: AEP)

O grupo municipal socialista en Sarria solicitou unha reunión «urxente e inmediata» da xunta reitora da residencia de maiores Nosa Señora do Carme para tratar sobre o déficit deste organismo autónomo, que pechou o pasado exercicio cun saldo negativo de 31.665 euros, afirma.

O PSOE reclama esta reunión para estudar as contas de 2011, «as causas do déficit e as posibles solucións para garantir a viabilidade económica deste servizo público municipal, tan importante e necesario para o benestar dos cidadáns de Sarria».

Os socialistas aseguran que, entre 2007 e 2010, a residencia tivo sempre remanente. «Como é posible que pasase de ter no ano 2010 un superávit de 46.649 euros a ter no ano 2011 un déficit de 31.665?», pregúntanse.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios