O PSOE reclámalle á Xunta o xeriátrico anunciado para Carballedo

De izquierda a derecha, Ferreiro, González y Docasar, en la visita (Foto: PSOE)
photo_camera De izquierda a derecha, Ferreiro, González y Docasar, en la visita (Foto: PSOE)

O deputado do PSOE no Parlamento galego Vicente Docasar anunciou este xoves que o seu grupo vén de rexistrar varias iniciativas na Cámara galega, co obxectivo de que o Partido Popular concrete as previsións que manexa a Xunta de Galicia con respecto á construción e posta en marcha dunha residencia da terceira idade en Carballedo.

Docasar visitou este xoves o concello, acompañado da voceira do grupo municipal socialista en Carballedo, Isabel González Blanco, e do secretario de organización, Carlos Ferreiro. Alí, comprobaron, segundo fontes socialistas, “a necesidade de que os cidadáns deste concello conten cunha residencia da terceira idade, pois a maior parte da súa poboación supera amplamente os 65 anos”.

Esa dotación foi “prometida en reiteradas ocasións polo alcalde”, o popular Julio Yebra-Pimentel, pero “lamentablemente hoxe aínda non é unha realidade”.

“Para o Partido Popular os veciños e veciñas da Galicia interior só son importantes en campaña electoral. Pasados os comicios, abandono e ninguneo total ata o seguinte proceso de eleccións”, comentou Docasar.

Comentarios