O PSOE esixirá á Xunta que explique se ten competencias para reducir o tramo autonómico do IPRF

O portavoz de Facenda do grupo socialista, Juan Carlos González Santín, exporá o vindeiro mércores no Parlamento unha petición á Xunta para que explique se ten competencias para reducir o tramo autonómico do IRPF.

González Santín sostén que o pasado abril fíxose público que o Goberno central demanda a constitución dun grupo de traballo, dentro da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral da Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, como "cuestión previa a un recurso inconstitucional fronte á redución do IRPF" por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Por iso, o PSOE reclama, nun comunicado, un informe completo sobre "esta discrepancia" e anima á Xunta a defender nesta comisión bilateral "as competencias propias e, consecuentemente, a normativa derivada das leis autonómicas aprobadas".

Ao seu xuízo, a rebaixa dun 0,5 por cento para as rendas máis baixas é unha medida "meramente cosmética" porque non compensa a subida da Xunta noutros gravames como o céntimo sanitario, o canon de Sogama ou a taxa da auga, precisa.

Por iso é polo que pide así mesmo á Xunta que se dirixa ao Goberno central para solicitar unha "redución no tipo de gravame estatal aplicable no IRPF nos tramos de menores rendas".

Comentarios