O PSOE esixe á Xunta un plan de emprego xuvenil e para maiores de 55 anos

Álvaro Santos, segundo por la derecha, en la reunión de ayer . Pepe tejero
photo_camera Álvaro Santos, segundo por la derecha, en la reunión de ayer . Pepe tejero

Os socialistas de Lugo, a través de Álvaro Santos, secretario de política municipal, esixiron onte á Xunta a creación un plan de emprego para mozos e para maiores de 55 anos.

A iniciativa, acordada onte nunha reunión celebrada no PSOE, xorde como resposta ás desigualdades que, segundo Santos, produciron os talleres de emprego da Xunta. Segundo apuntou, a pesar das críticas recibidas nos últimos días por parte dos populares polo plan de emprego da Deputación, estes obradoiros' ‘autonómicos «se plantexaron de xeito que só 21 concellos, 19 deles do PP, podíanse beneficiar do proxecto». Por iso considera imprescindible que o organismo galego demostre que ten vontade de apostar polos desempregados da provincia.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios