O PSOE de Burela acusa o goberno de non defender os intereses veciñais

O PSOE de Burela acusa o equipo de goberno de non antepor os intereses do seu partido aos dos veciños «en temas tan importantes como é a sanidade, deixando perder a área integrada e permitindo o desmantelamento do hospital, en políticas sociais, na perda de autonomía local, na suba do canon do lixo e da auga, na suba do Ibi, na privatización de servizos públicos, nos repagos, etc», aseguran.

Para os socialistas, os tres anos de mandato popular só notáronse na subida dos impostos, os prezos públicos e as taxas e na ausencia de obras públicas. «Estamos agardando o cumprimento do prometido con respecto ó acceso ó porto, a ampliación do hospital ou a escola infantil», afirman. Tamén mostraron a súa crítica expresa ao apoio do goberno á subida do 34% no canon de Sogama, un aumento que ven «indiscriminado e inxusto».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios