O PSOE burelense pedirá explicacións sobre as dietas de dous edís

O PSOE de Burela fará unha solicitude por escrito ao rexistro municipal pedindo información sobre as dietas que pasaron a concelleira de cultura, Mónica Pedre, e a de deportes, Beatriz Piñeiro, xa que ambas «están a cobrar por norma 330 euros mensuais». Os socialistas pedirán os días, as xustificacións de viaxe e as xestións realizadas, posto que sospeitan que algúns dos desprazamentos que pasaron «non se fixeran realmente» e que a asignación poida tratarse dun «soldo encuberto».

Desde o Partido Socialista aseguran que de confirmarse as súas sospeitas ademais de facer unha denuncia pública dos feitos estudarán «outro tipo de medidas, xa que entendemos que moitos dos nosos veciños e veciñas están a pasar serias dificultades para poder chegar a fin de mes e o equipo de desgoberno dedicándose a encher ben os seus petos á conta dos mesmos».

Consiga AQUÍ a información completa

comentarios