O PSdeG denuncia a colocación do anagrama do PPdeG nunha invitación a escolares

O PSdeG denunciou este luns a colocación dun anagrama do PPdeG nunha invitación cursada a escolares da localidade ourensá de Xinzo de Limia para o Día das Galegas, por considerar que se trata dunha actitude partidista.

Para o PSdeG, o alcalde, Antonio Pérez, e o seu partido, o PPdeG, incorreron na utilización do Día das Letras Galegas para facer propaganda electoral".

Os dirixentes do PPdeG están "a confundir coma sempre" sen precisar "onde empeza a institución e onde as siglas políticas ás que serven", sinala o PSdeG, que ademais critica o "nulo interese demostrado polo grupo de Goberno" por fomentar o uso do galego durante o resto do ano e a "desidia" das autoridades en organizar actos lúdicos nos seus oito anos no poder.

Así, subliña a "ausencia do alcalde e dos demais membros da Corporación" o pasado 29 abril nun centro escolar, cando cambiou o seu nome polo do escritor galego Carlos Casares.

"Esa é a importancia que o PP lle dá á lingua galega, aos escritores que como Carlos Casares deixaron a súa pegada en galego, igual que aos invitados presentes e aos máis pequenos que estudan e se expresan en galego", sinala a nota.

Comentarios