O vindeiro martes haberá 'fumata'

O conclave para elixir ao sucesor de Bieito XVI comezará o vindeiro martes 12 de marzo, decidiu hoxe a congregación de cardeais, confirmou o portavoz vaticano, Federico Lombardi.

Pola mañá dese día celebrarase na basílica de San Pedro a Santa Misa Prol eligendo Romano Pontífice e xa pola tarde os 115 cardeais electores entrarán na capela Sixtina para comezar o conclave. Esa mesma tarde haberá unha primeira votación, coa consecuente fumata.

A data do que será o segundo conclave do terceiro milenio fixouna hoxe o Colexio Cardinalicio na oitava Congregación Xeral, que tivo lugar esta tarde na aula Nova do Sínodo.

O pasado 25 de febreiro, Bieito XVI publicou un motu proprio (documento papal) polo que deu liberdade ao Colexio de Cardeais para que puidese anticipar o conclave que elixirá ao seu sucesor. A normativa vaticana establece que o conclave de cardeais debe comezar entre 15 e 20 días despois do inicio da Sede Vacante, que comezou ás 20.00 horas de Roma (19.00 GMT) do 28 de febreiro, co obxectivo de permitir a todos os cardeais do mundo acudir. O Pontífice mantivo esas datas, pero introduciu co motu proprio a liberdade de adiantalo ou atrasalo, como ocorreu ao decidir convocalo para o 12 de marzo.


ÚLTIMA FIN DE SEMANA DE PREPARATIVOS

Á reunión celebrada esta mañá acudiron os 115 cardeais electores, é dicir, os que poderán entrar na Capela Sixtina para elixir ao próximo papa. O último que faltaba, o vietnamita Jean Baptiste Pham Minh Man, chegou na tarde de onte a Roma e participou xa na sexta reunión.

Os purpurados volverán reunirse mañá, sábado, na aula Nova do Sínodo, lugar das congregacións xerais, que celebran desde o pasado 4 de marzo. O domingo non haberá reunións de cardeais e os purpurados aproveitasen para oficiar misa nas igrexas romanas que teñen asignadas, que simbolizan a participación dos purpurados no coidado da Cidade Eterna, da que o papa é bispo.

Na sesión da mañá de hoxe falaron 18 cardeais, polo que o número de purpurados que interviñeron nestes cinco días de congregacións ascende xa a un centenar. Os purpurados analizaron o papel da muller na Igrexa (hoxe é o Día Internacional da Muller Traballadora), o diálogo interrelixioso, a bioética e a misericordia.

O cardeal maltés octoxenario Prosper Grech será o encargado de pronunciar a segunda meditación. A normativa da Igrexa contempla que durante estas reunións preparatorias do conclave haxa dous meditaciones. Da primeira encargouse o Predicador da Casa Pontificia, o franciscano Raniero Cantalamessa.

Lombardi presentou hoxe un vídeo da Casa de Santa Marta (Domus Sanctae Marthae), onde se aloxarán os cardeais durante o conclave. Santa Marta e a Capela Sixtina serán os dous lugares onde se desenvolverá o conclave. Lombardi sinalou que para garantir o segredo do conclave, haberá precisos e severos controis para evitar que se filtre algunha información ao exterior.

Lombardi sinalou que os cardeais non serán rexistrados, mentres que o persoal auxiliar terán que atravesar o detector de metais. As habitacións de Santa Marta serán sorteadas, co obxectivo de que os cardeais "non poidan elixir ao veciño de habitación", sinalou Lombardi, e non haxa preferencias por unhas ou outras.

Comentarios