El Progreso/Galiciae: Continúa o espectacular aumento de audiencia nas edicións dixitais

O ascenso por número de visitas (+40%), páxinas visitadas (+28%) e usuarios únicos (+33%) do portal que aglutina aos medios do Grupo El Progreso continuou no mes de abril en relación ao mesmo mes do ano anterior.

Desde o inicio da actual tempada deportiva www.elprogreso.es realizou unha forte aposta pola información de deportes que atopou inmediata resposta nos usuarios de internet. Así a web lugodeportes, integrada en elprogreso.es, alcanzou en abril 22.089 visitas, 51.071 páxinas visitadas e contou con 12.170 usuarios únicos.

O portal www.galiciae.com reúne a todas as cabeceiras do Grupo El Progreso. Pódese acceder desde cada unha das cabeceiras, como www.elprogreso.es. Ao tempo, cada un dos medios mantén a súa identidade en campos concretos de información como o local.

www.elprogreso.es sumou no pasado mes de abril 138.578 usuarios únicos e máis dun millón de páxinas visitadas. 

Comentarios