O presidente do Barcelona dimite para optar á reelección

Ponse así en marcha unha comisión xestora ata a votación que se prevé se celebre entre mediados e finais de xullo
El presidente del FC Barcelona, Josep María Bartomeu, al inicio de su comparecencia en la que ha hecho el balance de su mandato al frente del club
photo_camera El presidente del FC Barcelona, Josep María Bartomeu, al inicio de su comparecencia en la que ha hecho el balance de su mandato al frente del club

O presidente do Barcelona, Josep Maria Bartomeu, presentou a dimisión esta noite, xunto á maioría dos seus directivos, para optar á reelección nas eleccións á presidencia que se celebrarán en xullo, informou o club.

Con esta dimisión en grupo, tras a última reunión da xunta celebrada esta tarde noite no Camp Nou, o Barcelona pon en marcha a comisión xestora, presidida por Ramón Adell, que á súa vez é o presidente da comisión económica da entidade.

Nesta xunta xestora tamén entrarán catro directivos: Javier Faus, Ramon Pont, Joan Bladé e Josep Ramón Vidal-Abarca.

Esta xunta xestora será a encargada nos próximos días de, como estipulan os estatutos, organizar o calendario electoral que deberá levar aos socios do Barcelona a elixir presidente e nova xunta para as seis próximas tempadas nunha votación que se celebrará entre mediados e finais de xullo.

Comentarios